Como podo axudarche?
Quero facilitarche a tarefa de levar as contas para que te dediques 100% ao teu negocio. E ímolo facer xuntos de forma personalizada e directa, para que ambos saibamos en todo momento a situación da empresa. Ademais axustarei todos os servizos ás competencias de necesite o teu negocio. Pregunta sen compromiso!
PARA COMEZAR
Estudo da forma xurídica máis vantaxosa.
Asesoramento e realización de todos os trámites necesarios para a posta en marcha do teu negocio.
Procura do financiamento inicial.
O DÍA A DÍA
Recollida in situ dos teus documentos.
Preparación dos libros contables obrigatorios.
Optimización da fiscalidade da túa empresa.
Elaboración das declaracións trimestrais e anuais.
UN PLUS DIFERENCIADOR
Trato personalizado: adáptome á túa forma de traballo.
Acceso online a tódolos teus documentos .
Previsións periódicas dos teus impostos. Evita sorpresas!
Ten o control: A túa conta de resultados en tempo real.
LABORAL
Non te preocupes! A xestión laboral tamén queda cuberta con MC Xestión.
Asesoramento en contratos, bonificacións, e por suposto a confección de nóminas e seguros sociais.
LOPD - LSSICE
Cumpre coa Lei de Protección de Datos e a Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico. E evita multas de ata 600.000 euros! Deixa nas miñas mans todo o proceso de implantación .
TERCEIRIZACIÓN ADMINISTRATIVA
Terás á túa disposición un departamento administrativo profesional e de confianza para que poidas centrar os teus recursos e o teu tempo naquilo que verdadeiramente xere valor.